Ir o contido principal

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos

Unha historia de máis de 400 anos

En 1977 ábrese ao público o Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos, froito do traballo conxunto de Manuel Chamoso Lamas e Manuel Casamar, e grazas á encomiable labor de conservación levada a cabo durante séculos polas MM. Clarisas do convento da Purísima Concepción. Este acontecemento marca a inauguración, baixo unha nova museografía, da extensa colección de obxectos devocionais e obras de arte que alberga a casa, resultado do mecenado e da protección da súa principal benfeitora: D.ª Catalina de la Cerda y Sandoval.

Durante o goberno virreinal en Nápoles dos VII condes (1610–1616), D.ª Catalina inicia a formación dunha exquisita colección de reliquias e outros obxectos artísticos e devocionais. Entre as pezas reunidas destacan obras de pintura, escultura, ourivaría ceroplástica e téxtiles, ademais do extenso grupo de reliquias e outros elementos destinados ao culto relixioso. A este amplo corpus de pezas italianas sumáronse, con posterioridade, diversos obxectos procedentes da familia ducal de Lerma e da Casa de Lemos.

Ao seu regreso a España, os Condes de Lemos fundan en outubro de 1622 o convento das MM. Clarisas de Monforte de Lemos, incorporando á casa unha nutrida selección de pezas de orixe italiana. O seu traslado foi posible, en gran medida, grazas ao permiso concedido pola Santa Sede, que respondía afirmativamente ás reiteradas xestións realizadas pola condesa.

 

Itinerarios destacados

Dispoñemos de varios itinerarios que serven de axuda para a túa visita.

Outros itinerarios

Visita o museo para poder disfrutar dos outros itinerarios.

Arte e padroado femenino

Banda Congreso (detalle)