Casulla que forma parte integrante do coñecido como Terno de Nápoles. De autoría descoñecida, esta prenda litúrixa esta realizada a partir dun corpo téxtil de seda vermella cun traballo de brocado en fío de cor dourado de certa inspiración orientalizante. Na franja intermedia atópase a parte máis elaborada. Aquí, sobre unha base de terciopelo vermello, un elaborado traballo de bordado en fíos de ouro e prata figura un patrón de rosetas e follas vexetais.
Este tipo de traballo é coñecido como a técnica “ao romano”, realizado a partir dunha serie de empredados e remate en cordoncillo, a cal era típica na producción dos talleres hispanos. En cosecuencia, neste caso pódese chegar a conxeturar dous momentos diferentes de elaboración, os cales parecen concordar coa diferente procedencia rastrexables nos elementos téxtiles.
- Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.