Ir o contido principal

Copón de Augsburgo

Copón s. XVI
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVI
Cronoloxía
s. XVI (último cuarto)
Descrición

Copón de pequenas dimensións realizado en prata procedente dun taller da localidade alemá de Augsburgo. 

A peza susténtase sobre un pé con dúas zonas diferenciadas: unha inferior lisa e outra decorada. Con respecto a esta última, presenta unha decoración con motivos vexetais e tres medallóns con retratos de perfil de emperadores romanos de clara inspiración numismática. 

Na súa parte intermedia, o copón mostra un doble nó estructurado a partir de folla de acanto. No corpo superior, gran copa con medallón con seis retratos de perfil, todos eles con certa vinculación histórica e acompañados respectivamente das lendas: “Bruto, Julio César, Cayo Portios, Marcos Marcelo y César Augusto” (Sáez gonzález, 1987: 25). De igual modo, cada medallón aparece separado por motivos vexetais nas seccións intermedias. 

Por último, a tapa presenta unha decoración plantexada nos mesmos termos que o resto da peza, ao tempo que mostra un remate en forma de cruza latina de sección poligonal.

Polo demais, compre sinalar que a peza presenta un marcado no pé, no que e posible identificar unha forma de piña e unha letra «Z».

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. e Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Prata
Técnica
Fundido
Moldeado
Torneado
Cincelado
Repuxado
Sobredourado