Inmaculada Concepción realizada no primeiro terzo do s. XVII polo artista sarrián Gregorio Fernández. Trátase dunha escultura en madeira policromada que segue un tipo iconográfico creado polo propio artista, e que nos remite a un modelo con correspondencias evidentes ca Inmaculada Concepción da Catedral de Astorga (c. 1626). Así, observamos una Inmaculada coroada, de rostro sereno e en actitude orante, coas mans recollidas sobre o peito. En canto á vestimenta, a imaxe aparece cuberta por un manto celeste de tipo campaniforme con detalles dourados e unha túnica branca con motivos florais de tipo esquemático. Aos seus pes, avanza pisando a un dragón e, na parte traseira, é posible observar a presenza dun fino crecente lunar.
A imaxe complétase cun resplandor realizado en prata e decorado con estrelas na súa parte externa e querubins na súa banda interior. A peza complétase cunha coroa realizada en prata sobredourada e pedrería engastada, acompañada dun nimbo que repite o esquema de estrellas alternas presente no resplandor.
Todo o conxunto esta soportado por unha peana de madeira de sección cadrada e dous pisos. A policromía mostra unha decoración a partir de formas xeométricas que recorre as catro caras da peza.
En canto a súa datación, pesta obra foi realizada no ano 1629, seguindo o citado modelo da Inmaculada Concepción da Catedral de Astorga (c. 1626), peza prácticamente idéntica á que se describe nesta ficha pero dunha maior envergadura: 190 cm. de altura. Sen embargo, a pesar do evidente desaxuste cronolóxico, a correspondencia entre as dúas obras podería vir dado pola práctica consistente en realizar un modelo previo de menor escala antes de executar a subseguinte peza de grandes dimensións, o cal parece que foi unha práctica habitual por parte deste artista. Polo tanto, é posible conxeturar a existencia sunha Inmaculada de menosres dimensións que a de Astorga nun momento previo.
- Arias Martínez, M. (2024). Darse la mano. Escultura y color en el Siglo de Oro. Madrid: Museo Nacional del Prado.
- Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
- Lorenzana Lamelo, M.ª L. (1986) Aportación documental al estudio histórico-artístico de dos fundaciones monfortinas: el colegio de la Compañía y el Convento de las Clarisas. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela.