Ir o contido principal

A Virxe do Pobo

La Virgen del Pueblo
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Orixe atribuída
Estilo
Século
XVII
Descrición

Pintura ao óleo sobre lenzo que representa unha Virxe co Neno baixo a advocación de Nosa Señora do Pobo. O obra, de autor anónimo, amosa un modelo iconográfico derivado do coñecido icono bizantino custodiado en Santa María a Maior de Roma: «Salus Populi Romani».

A imaxe presenta a María como unha muller nova, con túnica rosada e manto azul con detalles dourados. A Virxe sostén ao seu fillo no colo mentres sinala con tres dedos da súa man dereita. De igual modo, Xesús, caracterizado coma un Neno de presenza mais adulta, aparece portando o Libro e en actitude de bendecir, sinalando novamente coa tradicional fórmula de tres dedos. 

En canto á composición, a figura monumental de María vese subliñada por unha modulación de luz sabiamente introducida polo artista. Así, a escuridade da parte baixa contrasta co rompemento de gloria da parte superior, o cal ilumina a cabeza nimbada da Nai de Deus. Polo demais, distintas cabezas de querubíns emerxen de entre as nubes completando a imaxe.

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (2018). Coleccionismo y almoneda del gran Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Lenzo
Pigmentos ao aceite
Técnica
Pintura ao óleo